CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN=DESMANTELAMENTO ENSINO PÚBLICO

Novamente, non fóra ser que algo cambiara, temos que posicionarnos na defensa do Ensino Público Galego, e temos que facelo –coma en tempos que xa deberan ter pasado- denunciando que non hai maior inimigo que a propia Consellaría de educación da Xunta de Galicia, que retirou de vez a pel de año que a cubriu escasamente durante o pasado curso e deixou á vista que son e para que están: só queren desmantelar o ensino público galego e afondar na súa destrución permanente.

ESCRITO QUE LLE ENVIAMOS AO PRESIDENTE DA CIUG, AOS TRES REITORES E A SECRETARIO XERAL DE UNIVERSIDADES

Prezado Reitor,

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS tentamos sempre manter un fondo silencio no que atinxe ás reivindicacións do alumnado universitario, porque entendemos que as nosas fillas e fillos teñen xa idade para ser protagonistas das súas propias demandas, e tamén que existen organizacións estudantís que deberan canalizalas axeitadamente.

NORMALIZACIÓN XORNADA ESCOLAR LOGO DA PANDEMIA

Aquí vos deixamos o escrito enviado a Dirección Xeral así como a súa resposta con respecto a o cumprimento da normativa no que se refire ao procedemento do cambio de xornada, e a inmediata recuperación das xornadas ordinarias aprobadas en todos os centros educativos galegos, nomeadamente daqueles que a viran modificada polas circunstancias da pandemia

 

PLATAFORMAS DIXITAIS NON AUTORIZADAS

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS estamos preocupadas, cando non escandalizadas, polo que está acontecendo en varios centros escolares segundo a información aportada polas nosas ANPAS: estanse ofertando e utilizando plataformas e aplicacións dixitais educativas polas que as familias teñen que realizar un pagamento.
Xa non é simplemente lembrar que o ensino público é gratuíto por mandato constitucional,
nin que ningún centro escolar pode reclamar máis ingresos dos que establece o Decreto
201/2003. É que estamos a falar de ferramentas que non teñen cabida nos centros de

COMPRA DE LIBROS EN E-DIXGAL

Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional
Consellaría de cultura, educación e universidades
Dende ANPAS GALEGAS sempre apostamos por un Ensino Público moderno e actualizado coas
tecnoloxías que sitúe ao noso alumnado no mundo no que viven, e que facilite a súa aprendizaxe do mundo no que deberán participar logo da escola.
Por iso, aínda que non creamos que E-dixgal sexa a mellor das ferramentas, sempre centramos as

DEMANDA DE INSTRUCCIÓNS PARA VOLVER Á NORMALIDADE

Prezado Conselleiro de cultura, educación e universidades:
A menos dunha semana do remate das clases , dende a Confederación ANPAS
GALEGAS seguimos agardando pacientemente por unhas instrucións para o inicio do
vindeiro curso que aporten algo de seguridade e tranquilidade ás familias a hora de se
organizaren.
Cando xa se fala, nas continuas noticias que publica o goberno da Xunta de Galiza, de ir
acadando a “normalidade” e da tendencia positiva que está a seguir esta pandemia,
de permitir xuntanzas de máis persoas, da eliminación da meirande parte das

QUE PINTAMOS AS FAMILIAS GALEGAS NA EDUCACION DAS NOSAS FILLAS E FILLOS

Cal é o papel que temos as familias no sistema educativo galego ?, que pintamos nel ? para que se nos consi-dera neste momento?
A resposta a esta pregunta, se miramos as últimas actuacións da consellaría de educación, máis concretamen-te da Secretaría Xeral de educación e formación profesional, e moi simple: non contamos en absoluto.

CREANDO UN CONTO. XELA

Alén das montañas, Xela ficaba muda ante a beleza das innumerables cores da primavera, os verdes infinitos, o intenso azul do ceo, a exuberancia do sol quentado o seu corpo tendido na herba…….definitivamente, aquel prado no medio do bosque, era o lugar con máis maxia que Xela coñecía. Alí, desfrutando dos sons que a envolvían, case podía sentir coma se a nai natureza lle dese todo o agarimo que precisaba.

SOLICITUDE ENTREVISTA CO CONSELLEIRO. OUTRO CALENDARIO ESCOLAR É POSIBLE

Prezado Conselleiro

As familias galegas informámonos pola prensa da intención desa consellaría de mudar o calendario escolar para o vindeiro curso 2021-2022; e ficamos sorprendidas de que nunha ferramenta que de sempre se limitou a mínimos cambios nas datas de comezo e finalización dos períodos lectivos ordinarios, se pretendera introducir un cambio de grandísimo calado, a supresión da convocatoria de setembro na ESO e 1º de Bacharelato, e 1º de FP Básica.

Páxinas