Obradoiros de Sensibilización en Materia de Discapacidade
En colaboración con COGAMI e o CEFORE, Fapacel está a levar a cabo unha actividade onde a inclusión é o eixe fundamental. Neste caso a Discapacidade é o tema a tratar, a través do xogo e da empatía.
Trátase dun obradoiro totalmente práctico e activo. Levarase a cabo a través de diferentes xogos e talleres cuxo obxectivo final é promover o traballo en equipo , así como tamén a reflexión grupal dasactividades propostas. Estas conclusións estarán condicionads polas diferentes perspectivas de cada un dos integrantes.