Tecendo Redes

Xuntanza en conmemoración ó 8M

Con motivo do Día Internacional da Muller, a Anpa do Cpi de Cervantes organizou unha reunión aberta ó público onde as protagonistas principais foron as mulleres do rural. Para este día organizaron unha serie de actividades, tanto para coñecer o punto de vista das mulleres que manteñen vivo o rural ,como para desfrutar dunha xornada cargada de música e risas. Como nos contan as organizadoras:

"

A Anpa do frei Luis de Granada celebra o 25-N cun ciclo de conferencias.

A  Anpa do Ceip Frei Luis de Granada este ano comezou un programa educativo, denominado Convivindo na Igualdade.

Os 5 centros educativis de infantil e primaria de Sarria, xunto coas familias do alumnado, clubs deportivos e colectivos da vila participan en un ambicioso proxecto sobre a igualdade de xénero, promovido pola Anpa do Ceip Frei luis de Granada e financiado polo plan Corresponsables a través da Secretaría xeral de Igualdade da Xunta. 

Artesa en Igualdade, O incio

Para os vindeiros 20 e 29 de novembro, a Anpa dp Ceio Ricardo Gasset do Incio organizounos unha actividade moi interesante para as familias.

Trátase dunha Escola de Familias, na que amosarán diferentes ferramentas para axudar, no día a día, a educar en igualdade.

Se estades interesados en participar só tedes que porvos en contacto coa organizacion, no teléfoono que aparece no cartaz.

Charla do Bo trato,no Ceip Anexa, Lugo

A Anpa da Anexa foi a encargada de inaugurar as actividades deste curso coa charla do Bo Trato.

Noelia Darriba foi a encargada de levar a cabo a charla, así como de presentar a guia do Bo Trato,editada por Anpas Galegas. Nesta guía queda constancia da importancia da comunicación, tanto a mensaxe coma o xeito de facelo.

Ademais do seu relevante contido, a Anpa do Ceip Anexa resaltou o amena e agrable que foi a charla .

Visita a Caureol da Anpa do Ceip Xose Luis Taboada ,Carballedo

Co proxecto da Granxa Escola da Deputación, esta vez son os nenos e nenas do centro Xosé Luis Taboada os que desfrutaron dunha saida para coñecer de cerca a empresa galega Caurelor, adicada á manufactura de productos naturais e como producto estrela, a castaña.

Nese día , a rapazada poido ver os productos que comercializa e a súa elaboración, así coma a motivación de emprendemento con productos nosos.

Visita á Faábrica de Galletas Mariñeiras, CEIP O Salvador

Desta volta o CEIP O Salvador da Pastoriza voltounos a deixar moi bo sabor de boca coas súas actividades.

O 19 de outubro fixeron, a través do programa da Granxa Escola da Deputación, unha excursión a Chantada para poder ver o proceso productivo dunha das lambetadas máis característica da nosa comunidade: as Galletas Mariñeiras.

Como podemos ver nas fotos que nos compartiron, os nenos e nenas , non só poideron ver, senon tamén degustar as famosas galletas. Os afortunados foron os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

Formación na Pastoriza sobre as Necesidades de Educación Especiais

O pasado 13 de outubro tivo lugar no Ceip O Salvador da Pastoriza unha xornada de formación sobre as NEE, solicitadas polo interese das familias polo tema.

Nun primeiro momento a pretensión é coñecer os transtornos da aprendizaxe e do neurodesarrollo e os signos de alerta de cada unha delas. Explicaron, a logopeda e a psicóloga encargadas da charla, en que consisten os trastornos específicos de aprendizaxemáis frecuentes: problemas de comprensión, lectura, escritura, matemáticas, etc e ostrastornos do neurodesarrollo: Trastornos do espectro autista, Trastornos da Linguaxe e TDAH.

Signos de alerta nas NEE, CEIP O Salvador.

Para este venres, 13 de outubro vai ter lugar no CEIP O Salvador, na Pastoriza, unha charla acerca dos Signos de Alerta nas Necesidades de Educación Especiais.

A actividade estará a cargo do Centro Multidisciplinar Neuritas de Lugo e está aberta a todos os que queiran asistir, confirmandoo no teléfono de contacto que aparece no cartaz.

Esperamos que a xornada sexa un éxito!

E informaremos, a posteriori,cómo resultou a experiencia...

Xornada de convivencia da ANPA A Faxarda

Para este primeiro Tecendo Redes que mellor que unha xornada de convivencia...

Foi en colaboración co Concello de Ribadeo e co Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño. Unha xornada para poñer en común, as familias, xogos, merenda, aventuras.... Onde os máis pequenos poideron disfrutar de xogos e actividades e os non tan pequenos poideron pasar tempo de calidade cos seus nenos e nenas nun entorno de natureza baixo o sol de finais do verán. ¿Que máis se pode pedir....? 

Tecer; enlazar unha serie de fíos paralelos.

Este verbo que coas súas cinco letras di todo o que dende FAPACEL pretendemos transmitir ás familias das ANPAS que confían no noso traballo. Tecendo redes pretende poñer en valor todo o traballo que ás ANPAS fan por apoiarse entre sí, por compartir  e experiencias.

A FAPACEL neste espazo irá recollendo aqueles traballos que facemos entre todos e todas por apoiar e denunciar situación coas que como familias non estamos da cordo. Escritos, imaxes, reclamacións, saídas en prensa, campañas de sensibilización…

Ó mesmo tempo creamos un espazo para dar visibilidade a aquelas accións que realizan as ANPAS,  que as veces sendo ideais xeniais quedan practicamente no anonimato. Visibilizar  e compartir co fin de crear un bando de ideas que poidamos aproveitar todos/as os que loitamos por unha escola pública de calidade.

Animádevos a enviar as vosas experiencias, traballos e colaboracións con outras entidades ( asociacións, federación, fundacións) co fin de que sirvan de camiño para outras ANPAS. Todas e todos temos moito que aprender e moito que ensinar