ASEMBLEA XERAL ANUAL 2023

ASEMBLEA XERAL ANUAL 2023

 

O 22 de abril a FAPACEL celebrou a súa asemblea xeral anual, onde, ademais de deixar constancia de tódalas actividades feitas no 2022, e expoñer aquelas actividades que estan preparadas para o 2023, tamén se falou dos diversos problemas que atinxen ó ensino tanto nas cidades como no rural. Falouse da presentación por Anpas Galegas do "Plan Específico para o Rural", dos problemas co transporte no rural para o ensino no obrigatorio, dos problemas nos comedores, e sobre o proxecto "Enfermería Escolar".

 

Primeiro Obradoiro ca Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo

 

Despois de asinar o convenio de colaboración coa Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo para desenvolver o proxecto de fomento da saúde bucal en poboación preadolescente “Saúde Bucal 4.0. Un novo xeito de coidar a nosa saúde oral dende a Bioloxía e a microbiota", realízase o primeiro obradoiro de descubrir o mundo da Microbioloxía dende un punto de vista didáctico e práctico no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo.

 

Convenio de colaboración entre a Fapacel e a Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo

Dende a Fapacel vimos de asinar un convenio de colaboración coa Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo para desenvolver o proxecto de fomento da saúde bucal en poboación preadolescente “Saúde Bucal 4.0. Un novo xeito de coidar a nosa saúde oral dende a Bioloxía e a microbiota".

Estamos fartas

Estamos fartas

Esta semana comunicáronnos dende o noso CPI [de Cervantes] que unha das profesoras de primaria vaise para outro destino. Non sen razón, alporizámonos outra vez, por qué digo outra vez? Porque xa nos vimos nesta situación, en varias ocasións. Vivimos co medo no corpo, porque non temos o número de nenas e nenos suficientes para contar con todos os profesores especialistas que precisamos; fai tempo que non o temos.

ASEMBLEA XERAL ANUAL 2021

ASEMBLEA XERAL ANUAL 2021

Este sábado 26 de marzo  a FAPACEL celebrou a súa asemblea anual, onde, ademais de deixar constancia de tódalas actividades feitas no 2021, e expoñer aquelas actividades que estan preparadas para o 2022, tamén se falou dos diversos problemas que atinxen ó ensino tanto nas cidades como no rural. Seguimos a traballar por un ensino público, laico, inclusivo e galego.

 

III XORNADAS DE ANPAS GALEGAS NO RURAL

O sábado 19 de marzo estivemos na casa Quindós – Vilela,  en Navia de Suarna, falando do rural galego no rural galego; recibidas, hospedadas, e acompañadas polas compañeiras das ANPA DA MONTAÑA de Lugo, verdadeiras protagonistas  da normalidade da vida rural, mulleres bravas e loitadoras, das que permiten manter unha pequena esperanza sobre a vida futura nestes lugares, tan abandonados da man da administración como, desgraciadamente, da propia evolución cultural do noso País, cada día máis contaminado e menos aproveitado por nós mesmas.

Páxinas