Charla sobre o Bo Trato no CEIP A Anexa

O vindeiro día 30 de outubro terá lugar no CEIP A Anexa a charla sobre o Bo Trato.

Nesta actividade falarase da importancia de coidar de nós mesmos; xa que é o inicio de cómo debemos de tratar ós demais. Especialmente ós nenos e nenas xa que serán os homes e mulleres de mañá.

O coidado exquisito de cada unha das persoas que nos rodean é unha obriga para todos nós, así coma un dereito absoluto que todos e todas merecemos.

Signos de alerta nas NEE, CEIP O Salvador.

Para este venres, 13 de outubro vai ter lugar no CEIP O Salvador, na Pastoriza, unha charla acerca dos Signos de Alerta nas Necesidades de Educación Especiais.

A actividade estará a cargo do Centro Multidisciplinar Neuritas de Lugo e está aberta a todos os que queiran asistir, confirmandoo no teléfono de contacto que aparece no cartaz.

Esperamos que a xornada sexa un éxito!

E informaremos, a posteriori,cómo resultou a experiencia...

Xornada de convivencia da ANPA A Faxarda

Para este primeiro Tecendo Redes que mellor que unha xornada de convivencia...

Foi en colaboración co Concello de Ribadeo e co Centro de Ocio Infantil Con Sentidiño. Unha xornada para poñer en común, as familias, xogos, merenda, aventuras.... Onde os máis pequenos poideron disfrutar de xogos e actividades e os non tan pequenos poideron pasar tempo de calidade cos seus nenos e nenas nun entorno de natureza baixo o sol de finais do verán. ¿Que máis se pode pedir....? 

Convenio de colaboración entre a Fapacel e o Ilustre Colexio Oficial de Enfermería de Lugo

Dende a Fapacel asinamos un convenio de colaboración co Ilustre Colexio Oficial de Enfermería de Lugo para a realización de diferentes obradoiros.

O proxecto "Educación para a saúde na Escola", co que pretenden amosar ás nenas e nenos en diferentes etapas educativas a coidar da súa saúde, levarase a cabo cuns obradoiros tanto para as nenas e nenos como para as familias.

 

Páxinas