CONCENTRACIÓN DIA 27 DE XULLO EN PROL DO ENSINO NO RURAL

O vindeiro venres dia 27 as 11.30 horas celébrarase unha concentración diante do edificio Multiusos de Lugo en protesta polos agrupamentos que a Xunta de Galicia está a facer no rural galego, levando a desprestixiar (máis se cabe) a escola pública e moi especialmente a escola no rural.
Tratando aos nenos e nenas do rural como meros números, cando estamos a falar de pequenos e pequenas con nomes e apelidos e de familias que cren e viven no rural galego
 

CAMIÑANDO POLA ESCOLA PÚBLICA

O sabado a FAPACEL participou na 1ª etapa do camiño en prol da educacíon na montaña e en contra dos agrupamentos, foi unha camiñata incrible, con xente estupenda que esta convencida de que a loita é a unica forma de que os nosos gobernantes saiban que estamos aqui, que os pais/nais existimos, sobre todo os do rural.

CHARLA SOBRE WIFI NAS AULAS

A FAPACEL organiza hoxe, mércores 30, ás 20 horas, no Salón de Actos do Parque Infantil de Tráfico "López Mella", en Frigsa unha charla na que se falará sobre os riscos que poden supoñer para a saúde as redes Wifi, especialmente nas aulas. Esta  charla será impartida por Julio Carmona.

O PROGRAMA "ESCOLA DE PAIS e NAIS" REMATA ESTE SÁBADO NA DEPUTACIÓN

Este sábado 2 de xuño no salón de actos da Deputación vanse desenvolver un conxunto de actividades que servirán para poñer o punto final a este programa: en concreto, das 11 á 1 vanse desenvolver dous obradoiros simultáneos: “Necesidades e retos na adolescencia, a cargo de Carmen Loureiro, psicóloga e Profesora de Lingua e Educación para a Cidadanía no IES da Illa de Arousa, e “Os nenos e nenas no tempo.

PECHES DA PLATAFORMA GALEGA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

HOXE, 24 de maio, a PLATAFORMA GALEGA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO vai pecharse no IES ANXEL FOLE de LUGO a partir das 16H continuando así coas accións en contra do Real decreto dos Recortes. Esperamos que pasedes por alí ao longo da tarde.

ANIMÁDEVOS NON PODEMOS SEGUIR A MIRAR PARA OUTRO LADO.

...E MAÑÁN, venres 25, vémonos en BURELA no IES MONTE CASTELO a partir das 16H. 

Páxinas