ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

O pasado sabado, 16 de marzo esta Federación celebreou a súa Asemblea ordinaria. Moitas grazas a todas as ANPAS, que alí estivestes e participastes, polas vosas achegas. O mellor de estas reunions e ver que hai xente que cre e segue a traballar en prol da educacion pública. GRAZAS A TOD@S

SEGUIMOS A PAGAR, SEGUIMOS A CALAR

A Federación Provincial de ANPAS de Centros PÚblicos de Lugo (FAPACEL) considera que o comedor escolar é unha necesidade que a estas alturas esta fora de toda dúbida, que é un servizo que debe estar dentro do concepto de educación. Debe ser un servizo que nos axude a conciliación laboral-familiar pero ademais nun momento de crisis como o que estamos non podemos permitir que os que seguimos a pagar “esta crise” sexamos os mesmos.

CHARLA SOBRE A LOMCE NO IES ANXEL FOLE

Gran acollida de nais e pais na primeira das charlas da FAPACEL en Lugo para debater sobre o anteproxecto da nova lei de educación  (LOMCE)

O pasado luns 28 de xaneiro tivo lugar a primeira das charlas, que a FAPACEL vai desenvolver en Lugo, para debater, entre todas e todos, sobre as consecuencias que a nova Lei de educación, que está "cociñando" o PP, vai ter na educación dos nosos fillos e fillas

Páxinas