CHARLA SOBRE A LOMCE NO IES ANXEL FOLE

Gran acollida de nais e pais na primeira das charlas da FAPACEL en Lugo para debater sobre o anteproxecto da nova lei de educación  (LOMCE)

O pasado luns 28 de xaneiro tivo lugar a primeira das charlas, que a FAPACEL vai desenvolver en Lugo, para debater, entre todas e todos, sobre as consecuencias que a nova Lei de educación, que está "cociñando" o PP, vai ter na educación dos nosos fillos e fillas

A PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO CONVOCA MOBILIZACIÓNS PARA O 31 DE XANEIRO

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para o 31 de Xaneiro mobilizacións contra a  LOMCE nas sete cidades

Apoia a folga estudantil do 6 de febreiro, organizará conferencias  e pediralle aos Claustros e Consello Escolares que aproben resolucións rexeitando a lei

CURSO-CHARLA "XESTIÓN DAS ANPAS" e ENTREGA PREMIOS Iº CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA FAPACEL

O vindeiro sabado 22 de decembro, pola mañá, faremos entrega dos premios aos nenos e nenas gañadores do Iº CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA FAPACEL así como dun pequeno agasallo a todas e todos os participantes que se acheguen ese día
Aproveitando tal evento celebraremos un curso-charla sobre a "Xestion das ANPAS" no cal intentaremos dar resposta a todalas vosas preguntas sobre as ANPAS.
 
Esperamosvos a todos.
 
HABERÁ SERVIZO DE GARDERIA

FRONTE AOS RECORTES E A LOMCE: DEFENDE A ESCOLA PÚBLICA

Este xoves día 13 de decembro a PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO convoca unha xornada estatal de loita en DEFENSA do ENSINO PÚBLICO e contra a LOMCE. Na provincia de Lugo están previstas CONCENTRACIÓNS, ás 19:00 horas, en Burela (diante do IES PERDOURO, rúa do Instituto) e Lugo (diante da DELEGACIÓN da XUNTA, Ronda da Muralla).

Páxinas