5 DE XUÑO: RUTA POLA DEFENSA DO ENSINO NO RURAL

A FAPACEL desenvolve a súa actividade nunha provincia onde a montaña e o rural son o seu sinal de IDENTIDADE e, polo tanto, a defensa da EDUCACIÓN nestes ámbitos convértese para nós en algo esencial e radical e é polo que queremos pechar este curso escolar, ou iniciar o seguinte, propoñéndovos facer polos Ancares, o domingo 5 de xuño, unha RUTA POLA DEFENSA DO ENSINO NO RURAL.

RUTA DA MOURA: PIORNEDO-CHAO DAS PENAS- PIORNEDO

O percorrido vai dende Piornedo a Campa do Chao das Penas en Agulleiro, a dificultade é baixa-media non pola inclinación do camiños senón porque son sendeiros pequenos que van polo medio do monte e teñen pedras e son bastante irregulares.

Para chegar ata a campa temos que pasar polo val da Veiga Cimeira, un val glaciar que no momento de máximo empuxe chegou a medir 6 km e 200 metros de espesor.

No transcurso da ruta (ruta etnográfica) vamos ir contando usos do monte, contos, costumes da zona , lendas... Polo camiño vamos ir vendo tamén plantas mediciñais e os difentes usos na zona.

Teremos unha comida no campo e pola tarde gozaremos de xogos tradicionais grazas á Palloza Museo Casa do Xesto.

Os socios só terán que achegarse a Piornedo ás 11h e levar a súa comida.

A data límite para anotarse será o 31 de maio e as familias asociadas deberán poñerse en contacto coa súa ANPA.

Máis información no correo electrónico fapacel@hotmail.com ou no teléfono 609 98 38 76

Esta actividade é tamén a posta en marcha do proxecto "Coñecemos o que somos" que a FAPACEL desenvolverá ao longo deste ano e do que xa vos iremos informando polo miúdo.