Día do Ensino: a difícil tarefa de participar na Educación

Hoxe, 30 de outubro, é o día do Ensino; e o conselleiro de educación lémbranos que é unha xornada no que toda a sociedade bota unha ollada ao seu redor, revisa e renova o compromiso coa instrución e coa formación; pero realmente só é unha xornada non lectiva, onde ninguén olla para ningures porque as canles de revisión e renovación están pechadas, como os colexios nun día como hoxe, no que por ser a súa festa deberían estar abertos a toda a comunidade educativa para utilizalos como lugar de reflexión, debate e traballo sobre o ensino que queremos, e sobre o ensino que estamos facendo.

Máis información facer clic neste enlace:http://www.anpasgalegas.org/2015/10/dia-do-ensino-a-dificil-tarefa-de-participar-na-educacion/