MOBILIZACIÓNS ALIANZA SOCIAL GALEGA - XOVES 27 de FEBREIRO

O goberno prosegue coa destrucción do sistema educativo público. A LOMCE combate os principios de comprensión,equidade e calidade mediante a estratexia de abandonar á súa sorte a educación pública. Pontenciando o sector privado e o privado concertado, covertindo o sistema educativo nunha carreira de obstacúlos.
A LOMCE afonda nunha reforma educativa ideoloxica, clasista, recentralizadora e ao servizo dos mercados.
Os decretos de bolsas e axudas ao estudo e o decreto de comedores evidencia este afán por destruir servizos públicos.
A reforma da Universidade vai afogar as universidades públicas e fomentar as privadas, e imposibilitar que accedan a ela as clases menos favorecidas co aumento de taxas e disminución de bolsas.

Na nosa provincia terán lugar as seguintes MOBILIZACIÓNS:

LUGO: MANIFESTACIÓN ás 20:00h. con saída desde o Edificio da Xunta de Galiza, na Ronda da Muralla.

BURELA: MANIFESTACIÓN, ás 19:30h. con saída desde a Praza do Concello

MONFORTE: CONCENTRACIÓN, ás 19:30h. na Praza de España

VILABA: CONCENTRACIÓN ás 21:30h, diante da Casa da Cultura.