O GOBERNO DO PP QUERE DEIXARNOS SEN COMEDORES ESCOLARES.

Tras a publicación, o 31 de decembro, polo Goberno Central da Lei 27/2013 de racionalización e sostenibilidade da Administración Local onde se lle prohiben explicitamente aos Concellos ter competencias en materia de Educación, o Concello de Lugo vese abocado a suscitar a desaparición do servizo de comedores, actividades extraescolares e garderías infantís dos que se estaba a facer cargo. De feito o concello fíxolles chegar xa aos centros a desaparición da actividade de “Hortos Escolares”.

Ante este despropósito esta Federación pediu unha entrevista coa concelleira de Educación na cal se nos comunica que o Concello vai pedir unha autorización a Xunta para seguir prestando estes servizos, pero a día de hoxe e coa lei na man non pode facerse cargo dos comedores.

Dende esta Federación esixímoslle a Xunta que se faga cargo deste servizo que, como sempre reclamamamos, debe formar parte da Educación dos nosos fillos. Servizos precisos tamén para que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar sen os cais e moi dificil facelo.

A día de hoxe non sabemos como quedarán nin os comedores escolares, nin as actividades extraescolares, nin as garderías infantís.

Consideramos que esta decisión forma parte da política de desestructuración que este goberno esta a levar a cabo en contra do ENSINO PUBLICO, nun desmantelamento de todo o que ten que ver con servizos sociais e servizos esenciais para as familias.

Non podemos deixar que nos quiten os comedores e as actividades extraescolares e imos facer todo o posible para que isto non suceda e que, dunha vez por todas, o goberno da Xunta preste estes servizos nos COLEXIOS PÚBLICOS.