CONCLUSIÓNS DO I ENCONTRO DE FEDERACIÓNS E ANPAS GALEGAS

O pasado sábado 9 de novembro, a FAPACEL organizou o I ENCONTRO DE FEDERACIONS E ANPAS GALEGAS no cal estiveron Federacións e Anpas de toda Galicia (Ferrol, Narón, Coruña, Costa da Morte,  Cangas, Val Miñor, Santiago, Carballo, Arteixo, Lugo, Monforte, Alfoz, e varias anpas da cidade de Lugo)

Este encontro serviu para compartir experiencias entre as anpas e federacións e tamén para deixar constancia de que a unión fai a forza é que temos que estar todas xuntas para conseguir que o ensino público en Galicia sexa de calidade. As anpas somos o resultado da unión das familias. Temos que ter claro que o noso traballo é moi importante para a sociedade e conseguir ese prestixio social que a día de hoxe non temos recoñecido.

As Federacións e Anpas reivindicamos que tódolos servizos sociais (comedores, actividades extraescolares….) sexan asumidos pola Administración . As nais e pais non somos xestores de actividades, somos voluntarios que prestamos todo o noso tempo libre a traballar pola educación dos nosos fillos e fillas. Temos moi claro que as existencia das anpas do rural e as anpas da zona urbana son necesarias mais os servizos que prestan son moi distintos, mentras unhas se centran en que os centros non perdan servizos básicos (mestres, comedores…) as outras céntranse en facer un traballo de conciliación de vida laboral e familiar.

Dende esta reunión tamen se quixo deixar constancia do apoio das federacions e anpas ao director do IES da Illa expedientado por educación por retrasar o inicio de curso pola falta de profesorado

O futuro que lle espera o ensino en Galicia coa aplicación da Lomce e de gran retroceso, co cal temos que conseguir que esta lei non salla adiante e pelexar para conseguir un ENSINO PUBLICO, GALEGO, LAICO E DE CALIDADE.

http://www.flickr.com/photos/andresvizoso/sets/72157637484753325/