RESOLUCIÓNS ASEMBLEA XERAL DA FAPACEL

 

Este sábado dia 16 a Federación Provincial de ANPAS (FAPACEL) celebrou a súa Asemblea Xeral. Nesta asemblea quedou constituída a nova XD na cal temos representantes de toda a provincia e tanto de CEIP como de IES: Lugo cidade, Burela, Foz, Taboada , Becerrea, Monforte.

Nesta xuntanza debateuse sobre a actual situación da Escola Pública e concidiuse en seguir a traballar en prol dela así como en seguir a traballar contra os ataques que tanto o goberno central como o da comunidade autónoma están a facer para desprestixiar a Educación Pública.

RESOLUCIÓNS APROBADAS NA ASEMBLEA DE FAPACEL:

1.- Denunciar públicamente o excesivo peso das mochilas. Mandaremos comunicacións o Valedor do Pobo, as dirección de tódolos centros públicos de primaria e secundaria, xefes de departamento, e os conselleiros de Educación e Sanidade.

2.- Reiteramos a reivindicación da gratuidade dos libros, por considerar que dende un punto de vista de solidariedade, xustiza social, igualdade e tamén ecolóxico. Hoxe en día cada vez son mais as familias que teñen dificultades económicas. Tamén apoiaremos iniciativas mercadiños de libros, recollida de libros para ser reutilizados por alumnos con necesidades económicas. Tamén nos dirixiremos a Directores/as e xefes de departamento solicitando que se restrinxa cada vez mais o troco de libros, para facilitar a súa reutilización.

3.- Solicitamos que se adianten os exámenes de selectividade de setembro, xa que na actualidade os que non aproban na convocatoria de xuño, ou ben incorpóranse co curso xa adiantado (uns dous meses), ou non teñen posibilidade de atopar prazas. Imos a contactar cas organización estudantís para colaborar nesta reivindicación.

4.- Reiteramos a nosa postura cada vez mais clara na defensa do ensino no rural. Non pode haber galegos de primeira e de segunda. Si queremos un rural galego vivo temos que defender os servizos no rural de xeito especial as escolas rurais e de pequenas vilas.

5.- Manifestamos a nosa postura a favor de non crear centros integrados. En caso contrario, deixaremos a moitos alumnos sen un instituto próximo, e tamén se alterarían as relacións no grupo e de identidade. En ningún aspecto tería efectos positivos, incluído o profesorado.

6.- Esiximos a construción de un novo colexio no Sagrado Corazón. Non atopamos ningunha motivación para non iniciar canto antes a cesión de terreos e a consignación orzamentaria por parte da Xunta de Galicia. Nos imos permitir que se ignoren os dereitos dos alumnos a ter un colexio de calidade e de proximidade neste barrio con gran porcentaxe de nenos.

7.- Esiximos que se solucione e se aclare de unha vez a situación do alumnado do CEIP Anexa

8.- Facer público o apoio a iniciativa de Escolas sen wifi. Non queremos que os nosos fillos e fillas sufran as consecuencias de esta contaminación electromagnética. A saúde ten que ser o primeiro.

9.- Apoiamos a iniciativa de manter o uso público do Hospital de San Xosé. Debe crearse un espazo de diversos servizos públicos, en primeiro lugar a creación de locais sociais, salóns de actividades, salas de reunión, servizos compartidos polas distintas asociación culturais, educativas, ecolóxicas, de enfermidades, ……