CHARLA LEY ORGÁNICA PROTECCIÓN DE DATOS - LOPD (a próxima é en Foz)

Convocamos a todas as APAs a unha charla sobre a Lei de Proteccion de Datos que é obrigatorio ter implantada en calquera tipo de asociacion. Temos previsto organizar charlas en Lugo, Monforte e Foz. Pinchando en cada cidade atoparedes o programa para ese dia. Aquí tedes máis información sobre a LOPD.

"Padres y maestros se concentran contra los recortes en educación"

Aquí podedes ler o artigo que publicouse no diario El Progreso de Lugo: http://elprogreso.galiciae.com/nova/122712.html

REUNIÓN DAS APAS DE CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA CON CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

O sábado 15 de outubro, en A Coruña, as APAs de Galicia reuníronse co Sr. Jesús Vázquez, Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia. AQUÍ atoparedes un resumo dos temas que se trataron nesa reunión.

APOIAMOS O LEMA "EN DEFENSA DO ENSINO PUBLICO. NON ÓS RECORTES"

            Ante a situación que travesa o Ensino Público en Galicia e a repercusión que ten na educación dos nosos fillos, FAPACEL vai apoiar as concentracions que se van celebrar mañá MARTES 18 ás 20 HORAS EN LUGO (diante edificio Multiusos Xunta) e FOZ (Pza. Galicia) baixo o lema "DEFENSA DO ENSINO PUBLICO. NON ÓS RECORTES". Porque o ensino e unha inversión, NON un gasto.

REUNIÓN DO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN CON TODAS AS ANPAS

A Confederación Galega de APAs de Centros Públicos (CONFAPA GALICIA) á que pertence FAPACEL, invita a todas as ANPAS a unha reunión co CONSELLEIRO DE EDUCACION como único invitado
 

LUGAR: Fundación Barrié. Cantón Grande, 9 da Coruña (Esquina paralela a Banco Pastor)

DÍA:15 de outubro (sábado)

HORA:11:00 horas

Nesta reunión o SR CONSELLEIRO fará unha exposición da situación da ensinanza en Galicia e posteriormente tomaredes a palabra as ANPAS para expoñerlle as vosas preocupacións.

RUEDA DE PRENSA

Ante o problema de escolarizacion existente no concello de Lugo e ante os desplazamentos das familias por non ter praza os fillos nos centros de Lugo

Lugar: Sede da Federacion: Rua Montiron s/n Lugo
Dia: Venres dia 24
Hora: 11 horas
Asistiran : Elvira Lombao  -  Presidenta

O novo horario lectivo permitirá atender aos alumnos usuarios do transporte escolar á chegada e saída dos colexios

O novo horario lectivo permitirá atender aos alumnos usuarios do transporte escolar á chegada e saída dos colexios
Deste xeito a Consellería de Educación dá resposta ás familias, que viñan demandando unha fi
Distribuir contenido