Visita á Faábrica de Galletas Mariñeiras, CEIP O Salvador

Desta volta o CEIP O Salvador da Pastoriza voltounos a deixar moi bo sabor de boca coas súas actividades.

O 19 de outubro fixeron, a través do programa da Granxa Escola da Deputación, unha excursión a Chantada para poder ver o proceso productivo dunha das lambetadas máis característica da nosa comunidade: as Galletas Mariñeiras.

Como podemos ver nas fotos que nos compartiron, os nenos e nenas , non só poideron ver, senon tamén degustar as famosas galletas. Os afortunados foron os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.

Como exteriencia, segundo membros da Anpa, foi unha maravilla , tanto a viaxe como o trato recibido pola empresa.

Alegrámonos de disfrutárades moito, tanto da actividade coma das galletas!