AVALIACION E DEREITOS DAS FAMILIAS DEREITO A OBTER COPIA DOS EXAMES

Unha das preguntas permanentes na vida das familias é se podemos acceder aos exames das nosas fillas e fillos, e si podemos facelo mentres sexan menores de idade; pero é que ademais temos dereito a recibir unha copia deses exames. Non para presentar reclamacións baseadas nesa copia, senón para informarnos do que fixeron. As reclamacións son outra cousa.
O dereito a acceder aos exames corrixidos ven reflexado na seguinte normativa
DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo daeducación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 7. Participación de pais, nais ou das persoas que exerzan a titoría legal no proceso educativo
De conformidade co establecido no artigo 4.2.e) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo,reguladora do dereito á educación, e de acordo coas previsións da Lei 4/2011, do 30 dexuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, os pais, as nais ou aspersoas que exerzan a titoría legal deberán participar e apoiar a evolución do procesoeducativo dos seus fillos, das súas fillas ou das persoas que tutelen, así como coñecer asdecisións relativas á avaliación e á promoción, e colaborar nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros docentes para facilitar o seu progreso educativo, e terán accesoaos documentos oficiais de avaliación e aos exames e documentos das avaliacións que selles realicen aos seus fillos, fillas ou persoas tuteladas.

DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo daeducación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónomade Galicia.
Artigo 6. Participación de pais, nais e titores/as legais no proceso educativo
1. De conformidade co establecido no artigo 4.2.e) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo,reguladora do dereito á educación, e no artigo 6 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivenciae participación da comunidade educativa, os pais, as nais ou os/as titores/as legais deberánapoiar e participar na evolución do proceso educativo dos/das seus/súas fillos/as ou tutela-dos/as, así como coñecer as decisións relativas á avaliación e á promoción, e colaborarnas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros docentes para facilitar o seuprogreso educativo, e terán acceso aos documentos oficiais de avaliación e aos examese documentos das avaliacións que se lles realicen aos/ás seus/súas fillos/as ou tutelados/as, sen prexuízo do respecto ás garantías establecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 dedecembro, de protección de datos de carácter persoal, e demais normativa aplicable enmateria de protección de datos de carácter persoal.
Ademais, segundo o artigo 531.a) da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas,
Os interesados nun procedemento administrativo teñen os seguintes dereitos:
a) ... acceder e obter copia dos documentos contidos nos citados procedementos”
Como nais e pais dun menor de idade somos persoas interesadas no procedemento de avaliación, e como tales temos dereito a obter unha copia da documentación.

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN:
Para tratar disto debemos acudir á “Orde do 2 de marzo do 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato”, no seu artigo 3:
2. Co fin de garantir o dereito do alumnado a unha avaliación obxectiva e a que o seu rendemento sexa valorado e recoñecido con obxectividade, os centros deberán facer públicos os procedementos e os criterios xerais de avaliación, promoción e titulación que a comisión de coordinación pedagóxica e o equipo docente establezan, respectivamente, na proposta curricular e nas programacións didácticas-
Cada equipo docente, departamento didáctico ou as persoas responsables dos centros privados, ao inicio de cada curso, informarán ao alumnado e as súas respectivas familias sobre os obxectivos, contidos, procedementos, instrumentos e criterios de avaliación e cualificación das diferentes áreas, materias ou ámbitos, incluídas as materias pendentes dos cursos anteriores, e os procedementos de recuperación e apoio previstos. Ao mesmo tempo, informarán dos criterios de promoción e titulación.
A dirección do centro responsabilizarase de que a información sobre a avaliación e os seus procesos sexan accesibles e se lles dea publicidade de maneira manifesta para toda a comunidade educativa.
3. A persoa docente titora e o profesorado das distintas áreas, materias e ámbitos manterán unha comunicación fluída, no relativo ao proceso de aprendizaxe, co alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que ostente a representación legal. Ademais, os centros deberán establecer o procedemento mediante o cal o alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que ostente a representación legal poderán solicitar aclaración ao profesorado e á persoa docente titora acerca das información que sobre o seu proceso de aprendizaxe reciban, e facilitarllesinformación sobre os procedementos de revisión de calificacións e de decisións sobre a promoción e a titulación.
Artigo 4. Procedemento de revisión no centro
O alumnado, as súas persoas proxenitoras ou persoa que ostente a representación legal poderán solicitar, de acordo o procedemento establecido nas normas de organización e funcionamento, ao profesorado e á persoa docente titora cantas aclaracións consideren precisas acerca das valoracións que se realicen sobre o seu proceso de aprendizaxe, así como sobre as cualificacións ou decisións que se adopten como resultado de dito proceso. En todo caso a reclamación formal abarcará unicamente as cualificaciónsfinais.
En conclusión:
• O alumnado maior de idade, as nais, pais ou titores legais temos dereito a ver as probas que se lles realizan no seu proceso educativo, e a pedir unha copia de ditas probas
• Cada centro ten que ter establecido o procedemento para desenvolver esta consulta; pero un procedemento é unha vía para facer efectivo un dereito, está ben que vos pidan que fagades unha solicitude formal, porque o centro tamén ten que ter garantías do que fai, pero non debe supor un atranco ou un retraso nas vosas pretensións.
• Obter copia dun exame non implica discutir sobre o seu resultado, nin facilitarlle esa copia a terceiros para que fagan unha valoración que logo se leve ao centro.
• As reclamacións non se fan sobre unha nota ocasional, fanse sobre a avaliación final.
• Esta información pretende que as familias participemos máis na vida educativa, saibamos o que fan as nosas fillas e fillos, e teñamos datos obxectivos da súa actividade académica. En ningún momento debe ser utilizada como un mecanismo de confrontación. Familias, profesorado e alumnado somos as tres partes da comunidade educativa, e debemos traballar en común.