FINALIDADE DAS APAs

Finalidades das AMPAs
. Informar e asesorar aos pais e nais das actividades propias da APA de forma individual e colectiva en todo aquilo que concirna á educación dos seus fillos/ás e promover que exerzan os dereitos e deberes que teñen nese labor.
. Potenciar a formación para a participación da familia na vida do centro e nos seus órganos de goberno.
. Apoiar o alumnado e as familias con necesidades educativas específicas ou necesidades sociais.
. Promover a calidade educativa.
. Colaborar, co profesorado e o alumnado, para o bo funcionamento do Centro.
. Fomentar a convivencia entre a comunidade educativa.
. Realizar actividades de carácter educativo que reforcen os valores e obxectivos do Proxecto Educativo do Centro.
. Facilitar as actividades educativas en relación co ámbito.
E todo aquilo que establezan os seus Estatutos ou que, puntualmente, sexa necesario.

Dereitos das AMPAs
Os referidos ás súas competencias están recollidos nos Regulamentos Orgánicos dos Centros de Educación Primaria e Secundaria (ver esquema) e nos seus propios estatutos que se derivan das leis e normas que sobre asociacións hai vixentes ( Lei de Asociacións de marzo do 2002, R.D. 1533/86, a LODE, a LOGSE, a LOPEG ).
Algunhas cuestións que debemos coñecer:
Ter un local
A dirección do centro facilitará á APA, o uso dun local para o desenvolvemento das actividades que lles son propias. Se as instalacións o permiten, este local será de uso exclusivo para a APA.
Utilizar o centro e os seus medios
Sempre que non se interfira no normal desenvolvemento das actividades previstas na Programación Xeral Anual (PGA), sendo responsables do bo uso destes. A súa utilización deberá ser especificada polo Consello Escolar. Non obstante, unha APA ten a potestade de utilizar as infraestruturas do centro, fóra do horario lectivo obrigatorio, sempre que se responsabilice do bo uso deste e non sexa utilizado para ningún tipo de lucro propio ou alleo.
Ter acceso libre ao centro
A dirección ten a obriga de facilitar á APA o libre acceso, sen condicionar a presenza dos seus membros á do profesorado nin á do persoal non docente.
Utilización dos locais para actividades extraordinarias
A APA poderá utilizar as instalacións do centro, para a realización de actividades puntuais e extraordinarias que lle sexan propias, Asembleas por exemplo, previa información por escrito da APA á Dirección do Centro e cunha antelación de 2 días hábiles á data en que se necesite facer uso das instalacións.

Competencias das AMPAS
Regulamento Orgánico (ROC) Centros de infantil e primaria. Título VI "Asociacións de pais de alumnos" ( Artigo 85 ).
. Nas escolas de Educación infantil e nos colexios de Educación Primaria poderán existir as asociacións de pais de alumnos reguladas no Real Decreto 1533/1986, do 11 de xullo.
. As Asociacións de pais de alumnos poderán:
. Elevar ao Consello Escolar propostas para a elaboración do proxecto educativo e da programación xeral anual.
. Informar o Consello Escolar daqueles aspectos da marcha do Centro que consideren oportuno.
. Informar os pais da súa actividade.
. Recibir información do Consello Escolar sobre os temas tratados neste, así como recibir a orde do día do devandito consello antes da súa realización, co obxecto de poder elaborar propostas.
. Elaborar informes para o Consello escolar a iniciativa propia ou a petición deste.
. Elaborar propostas de modificación do Regulamento de réxime interior.
. Formular propostas para a realización de actividades complementarias que, unha vez aceptadas, deberán figurar na programación xeral anual.
. Coñecer os resultados académicos e a valoración que destes realice o Consello Escolar.
. Recibir un exemplar do proxecto educativo, do proxecto curricular de etapa e das súas modificacións.
. Recibir información sobre os libros de texto e os materiais didácticos adoptados polo centro.
. Fomentar a colaboración entre os pais e os mestres do centro para o bo funcionamento deste
. Dispoñer das instalacións do centro nos termos que estableza o Consello Escolar.

Regulamento Orgánico (ROC), Centros de educación secundaria. Título VII "Asociacións de pais de alumnos e asociacións de alumnos" ( Artigo 113 ).
. 1.En os institutos de Educación Secundaria poderán existir as asociacións de pais de alumnos, reguladas no real Decreto 1533/1986, de 11 de xullo, e as asociacións de alumnos, reguladas no Real decreto 1532/1986, do 11 de xullo.
. As asociacións de pais de alumnos e as asociacións de alumnos constituídas en cada instituto poderán:
. Elevar ao Consello Escolar propostas para a elaboración do proxecto educativo e da programación xeral anual.
. Informar o Consello Escolar daqueles aspectos da marcha do instituto que considere oportuno.
. Informar a todos os membros da comunidade educativa da súa actividade.
. Recibir información do Consello Escolar sobre os temas tratados neste, así como recibir a orde do día do devandito consello antes da súa realización, co obxecto de poder elaborar propostas.
. Elaborar informes para o consello Escolar a iniciativa propia ou a petición deste.
. Elaborar propostas de modificación do Regulamento de Réxime interior.
. Formular propostas para a realización de actividades complementarias que, unha vez aceptadas, deberán figurar na programación xeral anual.
. Coñecer os resultados académicos e a valoración que destes realice o Consello Escolar.
. Recibir un exemplar do proxecto educativo, dos proxectos curriculares de etapa e das súas modificacións.
. Recibir información sobre os libros de texto e os materiais didácticos adoptados polo centro.
. Fomentar a colaboración entre todos os membros da comunidade educativa.