Federación

 

            

 

 

A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo, FAPACEL, é unha asociación de ANPAS que defende e promulga un modelo de escola pública, participativa, integradora, laica, pluralista e que eduque na diversidade, na tolerancia, na solidaridade e sen discriminación por razons éticas ou de sexo.

 

Dende o ano 1980 esta federación ven traballando, de forma voluntaria, coa finalidade de contribuir a mellorar a educación dos nosos fillos e fillas, o fin polo que todas as persoas que estamos neste mundo das ANPAS loitamos.

 

Nestes anos moitas persoas estiveron vinculadas e comprometidas con esta organización e co movemento asociativo de pais e nais de alumnado que, co seu esforzo e dedicación fixeron medrar alquela idea inicial. Elas iniciaron o camiño, moitas o percorreron e o presente é noso.

 

Neste presente son mais de 100 ANPAS de toda a provincia federadas. As cales estamos a traballar para mellorar a educación dos noso fillos e fillas, e para iso queremos contar con todos e todas vos: OS PAIS e NAIS, que sodes os que mellor coñecedes a realidade educativa. Dende aquí animavosvos a participar e a construir unha mellor ESCOLA PÚBLICA.