CURSO-CHARLA "XESTIÓN DAS ANPAS" e ENTREGA PREMIOS Iº CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA FAPACEL

O vindeiro sabado 22 de decembro, pola mañá, faremos entrega dos premios aos nenos e nenas gañadores do Iº CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA FAPACEL así como dun pequeno agasallo a todas e todos os participantes que se acheguen ese día
Aproveitando tal evento celebraremos un curso-charla sobre a "Xestion das ANPAS" no cal intentaremos dar resposta a todalas vosas preguntas sobre as ANPAS.
 
Esperamosvos a todos.
 
HABERÁ SERVIZO DE GARDERIA

FRONTE AOS RECORTES E A LOMCE: DEFENDE A ESCOLA PÚBLICA

Este xoves día 13 de decembro a PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO convoca unha xornada estatal de loita en DEFENSA do ENSINO PÚBLICO e contra a LOMCE. Na provincia de Lugo están previstas CONCENTRACIÓNS, ás 19:00 horas, en Burela (diante do IES PERDOURO, rúa do Instituto) e Lugo (diante da DELEGACIÓN da XUNTA, Ronda da Muralla).

Iº CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

A FAPACEL celebra este ano o Iº CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Nel poderán participar todos os nenos e nenas (Infantil, Primaria e Secundaria) das ANPAS da provincia de Lugo asociadas á FAPACEL

FAPACEL APOIA A CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO

O vindeiro mércores dia 14 de novembro está convocada unha xornada de folga xeral polo conxunto das organizacións sindicais, para dar unha resposta masiva a política de recortes e tamén demandar que se realicen políticas que reactiven a economía e non que cada vez a fundan máis.

VOLVE A "ESCOLA DE NAIS E PAIS"

Como en anos anteriores, esta Federación, FAPACEL, xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, AS.PG , colaboran coa Área de Cultura da Deputación de Lugo, para retomar o programa da Escola de Pais e Nais "Aprender para Educar".

ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES

O Consello Escolar é o máximo órgano de xestión dun centro educativo, nel esta representada toda a comunidade educativa (profesorado, nais e pais, alumnado e persoal de administración e servizos).

CONCENTRACIÓN DIA 27 DE XULLO EN PROL DO ENSINO NO RURAL

O vindeiro venres dia 27 as 11.30 horas celébrarase unha concentración diante do edificio Multiusos de Lugo en protesta polos agrupamentos que a Xunta de Galicia está a facer no rural galego, levando a desprestixiar (máis se cabe) a escola pública e moi especialmente a escola no rural.
Tratando aos nenos e nenas do rural como meros números, cando estamos a falar de pequenos e pequenas con nomes e apelidos e de familias que cren e viven no rural galego
 

CAMIÑANDO POLA ESCOLA PÚBLICA

O sabado a FAPACEL participou na 1ª etapa do camiño en prol da educacíon na montaña e en contra dos agrupamentos, foi unha camiñata incrible, con xente estupenda que esta convencida de que a loita é a unica forma de que os nosos gobernantes saiban que estamos aqui, que os pais/nais existimos, sobre todo os do rural.

CARTA ABERTA ÁS NAIS E PAIS

Apreciadas compañeiras/os:

Distribuir contenido