MÁSCARAS PARA UNHAS POUCAS – MARCAXE PARA TODAS

Hoxe temos no DOG unha Orde que regula o procedemento de distribución -gratuíta- de máscaras entre o alumnado de educación primaria, secundaria e educación especial en centros docentes públicos e centros privados concertados. Noraboa á consellaría, levoulle máis de dous meses sacar un Orde obvia, pero sacouna polo menos. Xa é un avance. Imos tentar ser breves na redacción das críticas: - Por que non hai máscaras para o alumnado de infantil ?, porque en moitos centros estánllelas esixindo. E se son voluntarias que avisen para poder exercer esa voluntariedade.

FIRMA CONVENIO COA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACION AREA DE CULTURA

A firma deste convenio permitelle a FAPACEL seguir a traballar a prol do ensino público, asi como ofertarlles as nosas anpas asociadas actividades sobre igualdade, violencia de xénero, inclusión........................

 

CAOS NA XESTIÓN DA PANDEMIA NOS CENTROS DE ENSINO

Dende a Confederación Anpas Galegas queremos denunciar, a petición de
numerosas anpas, o terrible descontrol na xestión de casos confirmados de Covid-19,
sospeitosos e casos compatibles.
Temos un novo protocolo do 5 de novembro no que, supoñemos, ata as máis
avezadas se perden nas siglas e no procedemento burocrático. Isto sería o único que
puidera explicar o caos nos centros de ensino e a inseguridade provocada nas
familias.
Realmente é tan complicado o traballo coordinado entre a Consellería de Sanidade e

BASES IX CONCURSO POSTAIS DE NADAL

BASES IX CONCURSO POSTAIS DE NADAL Poderán participar todas as nenas e nenos das ANPAS da provincial de Lugo asociadas a FAPACEL O alumnado de infantil e primaria presentarán as súas postais NUNHA SOA CARA en formato JPG O alumnado de secundaria poderá participar con fotos (JPG) GIF ou microrrelatos (2.000 caracteres incluidos espazos) relacionadas co NADAL, ENTREGA DE TRABALLOS Enviaranse ao correo electrónico da Federación (fapacel@gmail.com) cun teléfono de contacto, identificados co nome da nena ou neno o curso e indicando a ANPA a que pertence CATEGORIAS a) Infantil b) Primaria I (1&or

PRESENCIALIDADE, ENSINO EN LIÑA E OUTRAS PATOLOXIAS EDUCATIVAS

PRESENCIALIDADE, ENSINO EN LIÑA E OUTRAS PATOLOXÍAS EDUCATIVAS
Até o mes de marzo pasado, o Ensino Público era sempre presencial, as nenas e nenos erguíanse pola mañá, collían as súas mochilas sobre cargadas de libros e libretas, e marchaban a clases, ían en autobús, en coches particulares, ás veces -poucas- andando, compartían transporte con outras persoas, compañeiras ou non; e chegaban a centros escolares ateigados de nenos e nenas, ou case baleiros se viven no rural galego, en aulas múltiples ou específicas. Pero había aulas, e docentes nas aulas.

CAMBIO DE XORNADA CON OCASION DA COVID

Dende a Confederación Anpas Galegas queremos denunciar a situación de indefensión das familias diante da actitude das direccións de varios centros de ensino en todo o territorio galego, co beneplácito das Xefaturas Territoriais de Cultura, Educación e Universidade no que se refire á autorización de cambio de xornada, amparándose na “excepcionalidade” do contexto da COVID-19.

ESCRITO AS FAMILIAS POLA COMPRA DE MATERIAL COVID

Estimadas familias:
Dende a Confederación Anpas Galegas estamos vendo con preocupación como a insuficiencia de recursos dos centros educativos repercute negativamente na economía das familias xa de por ela maltreita pola crise económica provocada pola pandemia.
Por isto recordámosvos que tedes dereito a un ensino gratuíto e esa gratuidade ten que incluír o indispensable material de protección ante a COVID-19.

APOIO A FOL GA DE PROFESORADO DOS VINDEIROS 10 E 16 DE SETEMBRO

As familias galegas do ensino público, representadas polas dúas confederacións de ANPA asinantes deste escrito, queremos dar o noso apoio público á folga para os días 10 e 16 de setembro convocada polas organizacións sindicais seguintes: CCOO, CIG, CSIF e STEG.

HISTORIAS DE PROTOCOLO DE VOLTA Ó COLE. GASTOS DE FUNCIONAMENTO

" Corresponde ao centro educativo, con cargo aos seus gastos de funcionamente, suplir o aprovisionamento de equipos de protección que non sexan centralizados pola consellería".

Distribuir contenido